Convocadas as axudas para reconversión e reestruturación do viñedo

Convocadas as axudas para reconversión e reestruturación do viñedo

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160606/AnuncioG0426-270516-0004_gl.html

Prazo: Ata 07/07/2016

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a Orde de axudas da Consellería do Medio Rural para a reestruturación e reconversión da viña na nosa comunidade. O orzamento total ata o ano 2018 é de 1.500.000 euros, sendo de 750.000 euros para este 2016.

Esta orde, cofinanciada na súa totalidade polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), busca acadar unha serie de obxectivos estratéxicos fixados na política de reestruturación de viñedos en Galicia. Entre eles salientan os reaxustes estruturais que fagan diminuír os custes de produción nas explotacións vitícolas onde predomina o minifundio.

Tamén se pretende mellorar as técnicas de xestión dos viñedos e adaptar as explotacións ao mercado a través de melloras varietais, ao mesmo tempo que se preservan as variedades viníferas autóctonas de menores rendementos e de elevada calidade diferenciada, aproveitando deste xeito a gran vantaxe competitiva que supón a diferenciación nun mercado cada vez máis globalizado. Procúrase ademais o aumento da profesionalización dos viticultores galegos, ao mesmo tempo que se potencia a remuda xeracional facilitando o acceso ás explotacións á viticultores mozos.

Poderán ser beneficiarios destas achegas todos os viticultores inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a súa superficie de viñedo á produción de uva para vinificación, nas que se leven a cabo tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñedos ou melloras das técnicas de xestión de viñedos.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.es) ou en soporte papel por calquera dos medios establecidos. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá.

Enlace á Orde no DOG:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160606/AnuncioG0426-270516-0004_gl.html

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información