Convocadas as axudas para instalacións e equipamentos agrogandeiros en común

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160722/AnuncioG0426-080716-0001_gl.html

Prazo: Ata 22/08/2016

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se convocan as axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo no sector agrogandeiro, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Estas axudas contan cun orzamento de 4 millóns de euros.

Persoas beneficiarias
a) Cooperativas agrarias titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Sociedades agrarias de transformación (SAT) titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións.
c) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Importe
1. O importe global destas axudas será de 4.000.000 €.
2. O importe individual da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que se poderá incrementar ata un máximo do 70 % en función dos seguintes criterios:
a) 10 % para investimentos nas zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas.
b) 10 % no caso das operacións subvencionadas no marco da AEI en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.
c) 10 % en investimentos relacionados con operacións en agricultura ecolóxica.
3. O investimento mínimo subvencionable será de 5.000 € por beneficiario.
4. O investimento máximo subvencionable computará individualmente por cada unha das explotacións agrarias socias ou fusionadas que participen no investimento, a razón de 120.000 €/UTA, cun máximo de 500.000 € por explotación, nun período de catro anos.

Investimentos subvencionables
1. Serán subvencionables as actuacións relacionadas a continuación:
a) Instalacións e construcións agropecuarias que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.
b) A compra de terreos por un valor inferior ao 10% do custo subvencionable.
c) Gastos en honorarios profesionais na redacción do anteproxecto e proxecto que, se é o caso, se requira.

2. Non se concederán axudas para:
a) Os investimentos de simple substitución, nin se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos que sexan recuperables.
b) Gastos de conservación e mantemento ou os derivados de actividades de funcionamento da explotación.
c) Os investimentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos.
d) Os investimentos de carácter forestal.

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, é dicir, ata o 23 de agosto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *