Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural
Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160729/AnuncioG0426-190716-0001_gl.html
Prazo: Ata 30/08/2016
Resumo:
O Diario Oficial de Galicia publica este venres a orde da Consellería do Medio Rural pola que convoca as axudas para os titulares de explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade.
Persoas beneficiarias:
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas titulares de explotacións agrarias de vacún de leite que estean, no momento da publicación desta convocatoria, nalgunha das situacións relacionadas a seguir:
1. Con relación a cotas vencidas e impagadas ou embargos de préstamos:
a) Que teñan cotas vencidas e impagadas dun préstamo concedido para a mellora da súa explotación.
b) Que teñan unha resolución ou providencia de embargo de bens propios ou alleos por débedas relacionadas co impagamento dun préstamo concedido para a mellora da súa explotación.
2. Con relación á modificación das condicións do crédito concedido:
a) Que refinanciasen a débeda concedida pola entidade bancaria.
b) Que ampliasen o prazo do pagamento do crédito.
c) Que ampliasen o período de carencia do capital.
3. Con relación ás débedas con provedores da súa explotación gandeira vencidas e non pagadas, nas cales concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Que pasase un prazo de máis de tres meses desde o seu vencemento.
b) Que as obrigas fosen reclamadas xudicialmente.
O beneficiario deberá cumprir cos seguintes compromisos:
a) Exercer a actividade agraria na explotación da que é titular durante polo menos cinco anos contados desde a data de pagamento da axuda.
b) No prazo de 1 mes desde o pagamento da axuda, o beneficiario terá que acreditar que o importe da axuda foi destinado aos conceptos subvencionados.
Importe
A contía global destas axudas será, para o ano 2016, de tres millóns de euros (3.000.000 €), con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.
A contía da axuda calcularase con base no establecido nas alíneas seguintes:
a) No caso dos beneficiarios que teñan cotas vencidas e impagadas ou embargo de bens propios por impagamento dun préstamo concedido para mellorar a explotación agraria:
Unha cantidade equivalente ás cotas reclamadas mediante a providencia de embargo ou ás cotas vencidas e impagadas, cun límite máximo por explotación de 15.000 €.
b) No caso dos beneficiarios que modificasen as condicións dun préstamo concedido para mellorar a explotación agraria:
Unha cantidade equivalente ao principal do préstamo refinanciado ou modificado nos 12 meses anteriores á data de publicación da orde, cun límite de 7.500 €.
c) No caso dos beneficiarios con débedas con provedores da súa explotación gandeira vencidas e non pagadas:
Unha cantidade equivalente ás débedas contraídas cun límite de 15.000 €.
As axudas das líneas a), b) e c) poderanse acumular nun mesmo beneficiario, xunto coas restantes axudas de minimis recibidas, ata o máximo de 15.000 € para un período de tres exercicios fiscais establecido no Regulamento (UE) nº 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de agosto
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. É dicir, o prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de agosto.