Axudas para viveiros e agricultores pola afectación de pragas de corentena

As compensacións establécense para as explotacións afectadas pola couza guatemalteca da pataca e para os produtores de planta de piñeiro, kiwi e cítricos

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160805/AnuncioG0426-260716-0001_gl.html

Prazo: Ata 01/10/2016

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os viveiros e explotacións agrícolas que teñan que destruír plantas ou colleitas debido á afectación de pragas de corentena.

Os posibles beneficiarios destas achegas teñen de prazo ata o vindeiro 1 de outubro para presentar as súas solicitudes en calquera dos rexistros da Xunta de Galicia. O orzamento destinado a esta finalidade é de 100.000 euros, cofinanciado ao 50% entre o Goberno galego e o Ministerio de Agricultura.

Poden solicitar estes fondos todos os produtores de vexetais con producións afectadas polas medidas fitosanitarias en virtude de 4 pragas en concreto: fusarium, que afecta á produción de planta de piñeiro en viveiros; o chancro bacteriano do Kiwi, que afecta á produción desta planta en viveiros; o psílido africano dos cítricos, que afecta á produción e comercialización de planta de cítricos en viveiros; e a couza guatemalteca da pataca.

Estas subvencións van destinadas a financiar procesos de destrución, desinfección, esterilización ou calquera outro tratamento aplicado oficialmente a vexetais contaminados, substratos de cultivo e terreos recoñecidos como contaminados. Non se paga o lucro cesante.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información