Administración convocante: Instituto Galego de Vivenda e Solo
Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160808/AnuncioC3Q2-220716-0001_gl.pdf
Prazo: Ata 08/09/2016
Resumo:
A Administración autonómica vén de convocar axudas para o remate de fachadas e cubertas, así como para a rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago. En total, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) destina 1,5 millóns de euros para estas actuacións.
Para o acceso ás axudas, as vivendas deben contar coa resolución de cualificación definitiva (Pódese ler na web do IGVS como é o proceso para obter esa certificación) ou unha cédula de rehabilitación de calidade.
Así mesmo, será necesario que a vivenda constitúa domicilio habitual e permanente da persoa beneficiaria ou das persoas que a ocupan en condición de arrendatarias. En caso de aluguer, o contrato de arrendamento debe ser por un mínimo de 5 anos. A convocantoria establece unha excepción para as persoas galegas residentes no exterior, cuxa obriga de residencia limitarase a 15 días no ano.
Coantías
As actuacións subvenciónanse nunha contía equivalente ao 50 por 100 do orzamento que figure na resolución de cualificación definitiva, sen que esta subvención poida superar a cantidade de 6.600 euros, no caso das modalidades de remate de fachada e rehabilitación, e a cantidade de 8.600 euros, na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.