Axudas para produtores de horta, froiteiras e pataca

Medio Rural destina 4 millóns de euros para apoiar investimentos en explotacións agrícolas

Publicidade
Publicidade
Axudas para produtores de horta, froiteiras e pataca

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180806/AnuncioG0426-230718-0003_gl.html

Prazo: Ata 07/09/2018

Resumo:

A Consellería do Medio Rural convoca hoxe a través do Diario Oficial de Galicia axudas para titulares de explotacións agrícolas. Poderán optar ás subvencións os produtores de horta, flores, cogumelos, árbores froiteiras (excepto castiñeiro e nogueira), oliveiras e patacas. Tamén os viveiristas de planta ornamental e froiteiras, así coma os de semente ou plántula de hortalizas.

A cantidade prevista para apoiar os investimentos na agricultura é de catro millóns de euros, sendo o importe da axuda do 30% dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50% en base ós seguintes criterios: agricultores mozos (+10%), beneficiario colectivo procedente dunha fusión de explotacións (+5%), zona con limitacións naturais (+5%), agricultura ecolóxica (+10%) e operacións subvencionadas no marco da Axencia Europea de Innovación (+5%).

Os investimentos subvencionables serán medios materiais ou inmateriais que contribúan a mellorar a competitividade ou rendemento da explotación. Entre outras cuestións, entran nas axudas a reforma ou construcción de instalacións, a compra de construccións en desuso, a ampliación ou mellora de sistemas de rega, a compra de terreos, a elaboración de proxectos e compra de licenzas de software.

Non serán subvencionables a compra de dereitos de produción agrícola nin a reparación ou sustitución dun edificio ou maquinaria preexistente. A maquinaria agrícola só será elixible nos casos en que estea claramente xustificada e acorde co dimensionamento da explotación.

O prazo de solicitude remata o 7 de setembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *