Axudas para a posta en marcha de proxectos cooperativos no rural

A Consellería de Economía destina 500.000 euros a impulsar iniciativas empresariais colectivas

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180607/AnuncioG0424-290518-0001_gl.html

Prazo:

Resumo:

Economía vén de convocar unha liña de axudas de carácter dobre. Por un lado, a Consellería financia a posta en marcha de “laboratorios cooperativos” no rural, que veñen a ser iniciativas de formación, identificación de oportunidades e asesoramento ás persoas interesadas en emprender un negocio. Unha segunda liña consiste no apoio ós proxectos empresariais colectivos que xurdan dos laboratorios cooperativos. Para a primeira das liñas, a dos laboratorios, destínanse 200.000 euros, e para a segunda 300.000.

Laboratorios cooperativos

A creación de laboratorios cooperativos pode ser solicitada por Concellos, mancomunidades, consorcios locais, asociacións de entidades de economía social ou asociacións e fundacións que teñan entre os seus fins a promoción do cooperativismo e do emprendemento.

Poden solicitarse as axudas para a creación destes laboratorios ata o 9 de xullo.

Proxectos empresariais colectivos

A segunda liña das axudas apoiará ás cooperativas ou sociedades laborais de nova creación constituídas como resultado da participación dos seus socios nun laboratorio cooperativo. As novas sociedades deberán ter o seu domicilio social nun concello rural de Galicia. Son considerados concellos rurais en Galicia todos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

Outra das condicións da subvención é que as persoas que creen a cooperativa ou sociedade deben estar previamente desempregadas e ser demandantes de emprego.

Os apoios previstos financian desde cuestións como proxectos técnicos e elaboración de estatutos ata axudas para o lanzamento da actividade, cun máximo nesta fase do 80% dos gastos correntes (compra de mercadorías, arrendamento de local, equipos informáticos, etc.).

Poderán presentarse solicitudes para a liña II ata o 1 de outubro do 2018.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información