Axudas para paliar os danos do xabaril nos cultivos de autoconsumo

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería de Medioambiente

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160913/AnuncioG0422-060916-0008_gl.html

Prazo: Ata 10/10/2016

Resumo:

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio amplía as axudas para paliar os danos do xabarín ás explotacións de autoconsumo, segundo recolle unha modificación da orde de axudas publicada este martes no Diario Oficial de Galicia.

Ata o de agora, quedaban excluídas da orde de axudas as explotacións agrarias consideradas de autoconsumo, xa que só se compensaban os danos ocasionados en explotacións profesionais. A partir de hoxe os agricultores de autoconsumo poderán solicitar estas subvencións ata o 10 de outubro, prazo no que remata a convocatoria.

A orde, que se publicou en xullo, conta cun orzamento de 600.000 euros para todo este ano e tramítase en réxime de concorrencia non competitiva.

Resumo:

Beneficiarios/as:
Toda persoa que exerza a actividade agraria e estea inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) como titular dunha explotación, e as explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo onde se constatasen os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Obxecto:
Compensar os danos causados polo xabaril nos cultivos agrícolas, que sexan comunicados desde a entrada en vigor desta orde ata o 10 de outubro de 2016.

Contía:
Importe máximo por persoa beneficiaria e ano: 1.500 €, aínda que os danos excedan este importe. Os baremos utilizados para calcular a indemnización son os seguintes:

Tipo de cultivo

Importe por m2

(€/m2)

Código

Descrición

MIG

Millo en gran

0,14

MIF

Millo forraxeiro

0,13

TRI

Trigo

0,11

CEN

Centeo

0,11

PRA

Pradaría

0,11

PAT

Pataca

0,42

HO1

Hortalizas 1 (cenoria, repolo e nabo)

0,64

HO2

Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón verde, leituga, pemento e allo porro)

1,70

VID

Uva

0,55

Prazo de presentación de solicitudes:
Un mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

Comunicar o dano, no prazo máximo dos tres días seguintes a aquel en que se produciu, chamando ao teléfono 012 das 8.00 ás 20.00 horas de luns a venres, e das 8.00 ás 17.30 horas os sábados. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabaril a unha mesma persoa beneficiaria antes da colleita.

Elimínase o límite de 2 exemplares de xabarín por batida

Por outra parte, a directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz anunciou este luns na Estrada que a Consellería de Medio Ambiente deu a orde de eliminar o límite de 2 exemplares de xabarín por batida durante as épocas de maior conflitividade. Ademais, tamén anunciou que se ditará unha instrución para axilizar as autorizacións de batidas por danos, isto é, aquelas batidas fóra da planificación anual de cada Tecor.

Deste xeito, establecerase un prazo máximo de resposta de 24 horas para as solicitudes de batidas de xabaril, tanto dentro como fóra de temporada, nos concellos incluídos no anexo IV da resolución anual de vedas. Estas localidades contan cun histórico de conflitos e enténdese que os danos resultan acreditados sen necesidade de desprazar a un axente medioambiental. Nesta situación atópanse 126 concellos, o 40,1% do total de municipios galegos.

Para o resto de localidades, Ana María Díaz anunciou que as solicitudes de batidas por dano recibirán a autorización por correo electrónico unha vez se teña comprobado a orixe do dano por un axente medioambiental, pasando o prazo de 72 a 48 horas.

A temporada de caza do xabaril comezou o pasado 27 de agosto e rematará o 15 de xaneiro, desenvolvéndose as xornadas de caza os xoves, sábados, domingos e festivos. As cacerías autorízanse nos servizos provinciais, de acordo cos Plans de aproveitamento cinexético (PAAC) que deben presentar anualmente os Tecores. Polo tanto, antes de cada período hábil de caza, os Tecores establecen o calendario previsto e nel prográmanse as batidas previstas do xabaril para toda a tempada. Unha vez aprobado este plan, na zona do Tecor en temporada hábil non se precisa autorización, que si se precisa autorización na zona fóra do Tecor, aínda que sexa temporada hábil.

Así, o pasado 30 de agosto tivo lugar unha reunión da Consellería de Medio Ambiente coa Federación Galega de Caza na que se acordou incrementar o número de batidas efectivas a realizar, para que se acheguen ao número de batidas programadas anual, especialmente para as zonas máis conflitivas. Ademais, co fin de superar o número de exemplares capturados, a Consellería fará un seguimento mensual das batidas.

Coa Federación tamén se acordaron outra serie de medidas, como a posibilidade de prorrogar as autorizacións de batidas por danos no caso de que resulten infrutuosas.

Unións Agrarias pide que se universalicen as axudas por danos do xabarín nos cultivos

O secretario de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias, Jacobo Feijoo, considera “positiva” esta ampliación das axudas polos danos do xabarín nos cultivos ás explotacións de autoconsumo. Non obstante, pide que “se universalicen, para que se indemnicen os danos en todas as explotacións, tanto profesionais, que este ano non puideron solicitar axudas para cubrir os danos dos xabaríns na sementeira do millo, como para as de autoconsumo”. A este respecto, Jacobo Feijóo lembra que “o 65% das familias do rural galego practica a agricultura a tempo parcial, o que non só supón un importante complemento económico para elas, senón que esas parcelas cultivadas exercen como cortalumes arredor das casas e dos núcleos habitados”.

Respecto ao anuncio da Consellería en relación ás batidas contra o xabarín, Jacobo Feijoo considera que “a gran tarefa pendente para o próximo goberno da Xunta é reforma a Lei de Caza de Galicia”. En concreto, o representante de Unións Agrarias salienta dous aspectos: “desaparición dos vedados de caza para o xabarín, xa que hai unha proliferación excesiva desta especie, e que as esperas por danos deixen de considerarse como caza deportiva, para que os cazadores podan realizar as agardas con seguridade e eficacia, permitindo eliminar tamén a exemplares inmaduros”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información