Axudas para o suministro de leite e produtos lácteos ós centros escolares

Administración convocante: Fondo Galego de Garantía Agraria

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170103/AnuncioG1534-271216-0001_gl.html

Prazo: Ata 31/07/2017

Resumo:

A Xunta vén de convocar axudas para cofinanciar a compra de leite e produtos lácteos por parte dos centros escolares. As subvencións concédense para a adquisición de leite, leite con chocolate ou con zume de froitas, iogur de sabores ou con froitas, e queixo. A cantidade máxima a subvencionar é de 0,25 litros de leite equivalente por alumno e día.

O importe unitario da axuda por 100 quilos de produto é de 18,15 euros para leite e iogures de sabores e oscilan entre 54,45 e 138,85 euros por cada 100 quilos de queixos. Os produtos adquiridos con estas axudas non se poderán destinar a cafeterías, comedores centrais ou residencias de estudantes.

Poderán solicitar as axudas centros escolares, entidades asociativas que os representen e empresas proveedoras.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información