Axudas para mellorar a eficiencia e aforro enerxético nas empresas

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150112/AnuncioO3G1-291214-0001_gl.html

Prazo: Ata 12/02/2015

Resumo:

Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial, incluida toda a industria agroalimentaria, e servizos de Galicia.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable deberá ser de 6.000 euros por actuación. Un proxecto pode incluír varias das actuacións.

A contía da subvención será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxecto.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a tra­vés do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , e na páxina web do Inega, www.inega.es.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de febreiro.

Máis información nesta ligazón:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150112/AnuncioO3G1-291214-0001_gl.html

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información