Axudas para maquinaria e equipamentos en actividades non agrarias no rural

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) destina 1,15 millóns para apoiar a ampliación ou modernización de actividades non agrarias existentes

Publicidade

Administración convocante: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190128/AnuncioO90-201218-0001_gl.html

Prazo: Ata 28/02/2019

Resumo:

A Xunta vén de convocar axudas para financiar a compra de maquinaria ou equipamentos con destino a actividades non agrarias no rural. Poderán beneficiarse pequenas empresas, traballadores autónomos que residan no rural ou explotacións agrarias que queiran diversificar as súas tarefas cara actividades non agrarias na propia explotación. No caso das explotacións agrarias, poderán beneficiarse directamente tanto os titulares como membros da súa unidade familiar.

A convocatoria das axudas, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, conta cun presuposto total de 1,15 millóns de euros, cofinanciados por fondos europeos. Serán subvencionables os proxectos destinados a ampliar ou modernizar pequenas empresas que desenvolvan actividades non agrarias nos seguintes sectores: industrias, fábricas e locais destinados a producir bens e materiais, así como a prestación de servizos en calquera sector económico (con exclusión de empresas de maquinaria agrícola e forestal e empresas de prestación de servizos enerxéticos).

Así, entra nas axudas todo o relacionado coa prestación de servizos sociais, actividades recreativas, de ocio e deportivas, artesanais, actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico, actividades nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, veterinaria e comercio polo miúdo de produtos non agrarios.

Entre os requisitos que deben cumprir os proxectos, atópanse os de non estar iniciados no momento de presentar a solicitude de axuda e ter un orzamento comprendido entre os 10.000 e os 220.000 euros, agás no sector da artesanía, no que estes límites se sitúan entre os 5.000 e os 100.000 euros.

O prazo para presentar as solicitudes rematará o próximo 28 de febreiro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información