Axudas para a inserción laboral no ámbito agroforestal de vítimas de violencia de xénero

Medio Rural acaba de convocar unha liña de axudas para favorecer a contratación de mulleres maltratadas polas súas parellas. O prazo para tramitar as subvencións é dun mes

Publicidade

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190723/AnuncioG0426-150719-0004_gl.html

Prazo: Ata 25/08/2019

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar unha Orde da Consellería do Medio Rural que regula as subvencións para fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero no ámbito agroforestal.

As axudas están destinadas a financiar a contratación deste colectivo por parte de empresas, entidades asociativas e persoas titulares de explotacións dos sectores agrario e forestal.

Así, poderán ser beneficiarias destas achegas as devanditas entidades, empresas e cooperativas que cumpran os requisitos establecidos na orde e que contraten, con carácter temporal, a mulleres vítimas de violencia de xénero inscritas como demandantes de emprego ou de mellora do seu posto de traballo no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Nesta convocatoria, as subvencións están financiadas cun importe total de 600.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

Estas axudas enmárcanse nas medidas incluídas dentro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que en Galicia coordina a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Precisamente este departamento da Xunta asinou acordos de colaboración coa Consellería do Medio Rural para xestionar directamente estas axudas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *