Axudas para grupos operativos de innovación agrícola

A Consellería do Medio Rural destina para o ano 2017 un total de 412.253 euros ás axudas para a creación e funcionamento de grupos operativos de innovación agrícola.Os beneficiarios poderán ser agricultores, gandeiros, silvicultores e organizacións representativas destes, investigadores....etc

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170109/AnuncioG0426-271216-0004_gl.html

Prazo: Ata 10/02/2017

Resumo:

A Consellería do Medio Rural ven de convocar as axudas para a creación e funcionamento de grupos operativos de innovación da Asociación Europea de Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola. Estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), teñen un orzamento para 2017 de 412.253 euros, tal e como o recolle este luns o Diario Oficial de Galicia.

Estes grupos operativos -que deberán estar formados polo menos por dous membros- teñen como finalidade poñer en marcha proxectos pilotos para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías nos sectores agrario, forestal e da cadea alimentaria. O obxectivo último é resolver un problema ou aproveitar unha oportunidade determinada nos sectores agroalimentario e forestal.

Beneficiarios

Os beneficiarios poderán ser agricultores, gandeiros, silvicultores e organizacións representativas destes, investigadores, persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural, empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas, cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sustentabilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá, día seguinte da publicación da orde no DOG; é dicir, ata o 10 de febreiro. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

Proxectos de innovación

Os proxectos, para cuxa execución se pretendese constituír o grupo operativo, deben fomentar a cooperación e a innovación en áreas prioritarias de actuación tales como a xestión sostible dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía, aplicación das TIC ao sector e outras iniciativas enmarcadas dentro da produtividade, sostibilidade e innovación agrícola, forestal e agroalimentaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *