Axudas para enerxías térmicas dirixidas a empresas e autónomos

A Axencia Instituto Enerxético de Galicia convoca subvencións para a instalación de caldeiras de biomasa, paneis solares térmicos e equipos de xeotermia e aerotermia

Publicidade
Axudas para enerxías térmicas dirixidas a empresas e autónomos

Pellets aptos para caldeiras de biomasa.

Administración convocante: Axencia Instituto Enerxético de Galicia

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190426/AnuncioG0474-090419-0001_gl.html

Prazo: Ata 27/05/2019

Resumo:

A Xunta, a través da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, vén de convocar as axudas para a instalación de equipos de xeración de enerxía renovable térmica. Os apoios oriéntanse a empresas, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e Concellos.

Os proxectos obxecto de subvención serán caldeiras de biomasa, paneis solares térmicos e equipos de xeotermia e de aerotermia. A Xunta destina ás axudas 2,2 millóns de euros, dos que 440.000 corresponden a aerotermia, 250.000 a xeotermia e 40.000 corresponden á solar térmica. Estas tres liñas van dirixidas só a empresas e autónomos, en tanto que a liña de caldeiras de biomasa oriéntase tanto a empresas e autónomos (con 620.000 euros) como a Concellos (750.000 euros) e entidades sen ánimo de lucro (155.000 euros).

O prazo de solicitude é dun mes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *