Axudas para asociacións de mulleres rurais e para entidades veciñais

Publicidade

Administración convocante: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160627/AnuncioG0244-150616-0001_gl.html

Prazo: Ata 22/07/2016

Resumo:

A Vicepresidencia da Xunta vén de convocar axudas dirixidas ás asociacións veciñais, federacións que as agrupan, comunidades de augas e ás asociacións de mulleres rurais. A Administración prevé unha partida presupostaria de 3 millóns de euros para distribuir entre os colectivos, a razón de 1,1 millón de euros para A Coruña, a mesma cantidade para Pontevedra e 500.000 euros para Ourense e 500.000 para Lugo.

As subvencións cubrirán investimentos que teñan que executar as asociacións en instalacións ou en equipamentos. Para instalacións, o máximo subvencionable é de 15.000 euros, en tanto que para equipamentos o máximo é de 5.000 euros. As axudas poderán cubrir a totalidade do investimento que execute a asociación.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información