Axudas para Agrupacións de Defensa Sanitaria (ADS)

Medio Rural destina 2,1 millóns de euros no periodo 2017-2018 para subvencionar estas entidades

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170105/AnuncioG0426-211216-0012_es.pdf

Prazo: Ata 06/02/2017

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de convocar as axudas dirixidas ás Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras para os anos 2017 e 2018. O orzamento dispoñible é de 2,15 millóns de euros.

O obxectivo destas axudas é mellorar o status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais. Estes programas de planificación zoosanitaria deberán realizarse entre o 1 de marzo de 2017 e o 28 de febreiro de 2018.

Poderán ser beneficiarios destas achegas as entidades asociativas agrarias que estean inscritas no rexistro oficial de ADSG, quedando excluídas as formadas exclusivamente por cebadeiros de gando vacún. Asimesmo, deberán estar integradas por explotacións de produtores gandeiros en activo e que ditas explotacións teñan a condición de pequenas ou medianas empresas.

Os gastos a subvencionar serán todos aqueles derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou da remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións. Tamén se financiarán cursos de formación para os gandeiros e os gastos derivados da compra de material funxible como guantes e calzas, así como tubos de extracción de sangue e agullas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *