Axudas para a instalación de enerxías renovables nas áreas rurais

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: INEGA

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150427/AnuncioO3G1-200415-0001_gl.pdf

Prazo: Ata 27/05/2015

Resumo:

O INEGA ven de convocar as subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

A convocatoria para o ano 2015 é en réxime de concorrencia competitiva e a ela poderán presentarse empresas, familias, concellos, entidades sen ánimo de lucro e a propia Xunta de Galicia.

O orzamento das axudas é de 1,33 millóns de euros. Desta cantidade, 1 millón destínase a subvencionar proxectos de geotermia e a restante cantidade a proxectos de enerxía solar con fins térmicos e de aerotermia, un sistema de bombas de calor alimentadas por electricidade.

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *