Axudas do Ministerio para o fomento da integración asociativa

O Ministerio convoca as axudas para o fomento da integración asociativa por valor de 2,4 millóns de euros. O seu obxectivo é apoiar procesos de fusión e integración de ámbito territorial supraautonómico. Poderán beneficiarse destas axudas as cooperativas agroalimentarias, as sociedades agrarias de transformación ou entidades mercantís de base asociativa

Publicidade
Axudas do Ministerio para o fomento da integración asociativa

Delagro é un exemplo de cooperativa supraautonómica

Administración convocante:

Enlace axuda:

Prazo:

Resumo:

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente publicou hoxe, no Boletín Oficial do Estado, un Extracto de Orde pola que se convocan anticipadamente, para o ano 2017, as axudas destinadas ao fomento da integración de entidades asociativas  agroalimentarias de ámbito supraautonómico.

Estas axudas, previstas no Real Decreto de 2015 no que se establecen as súas bases reguladoras, enmárcanse no Plan Estatal de Integración Asociativa 2015-2020, aprobado na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do 16 de abril de 2015. Estarán dotadas, para o exercicio 2017, cun orzamento de 2.450.000 euros.

O seu obxectivo é fomentar o asociacionismo agroalimentario, apoiando  procesos de fusión e integración promovidos por Sociedades Cooperativas Agrarias, Grupos Cooperativos, Cooperativas de primeiro, segundo e ulterior grao ou calquera outra entidade que estea formada maioritariamente por Sociedades Cooperativas Agrarias, ou Sociedades Agrarias de Transformación cuxo ámbito sexa superior ao dunha Comunidade Autónoma.

Con estas axudas subvenciónanse tanto os gastos de integración, tales como a constitución, auditorías, asesoramento ou estudos previos, como os gastos propios da xestión anual da entidade resultante, isto é, material de oficina, programas informáticos, aluguer de inmobles, retribucións do persoal ou gastos de viaxes.

A finalidade última destas subvencións é a creación de estruturas empresariais de maior dimensión, que faciliten a cooperación interterritorial e a economía en rede para integrar ás entidades asociativas, e implantar os servizos e os medios adecuados para mellorar a súa eficiencia e a súa rendibilidade.

Pódese acceder á convocatoria a través do seguinte link

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *