Axudas da Xunta para os afectados pola couza da pataca

Publicidade
Axudas da Xunta para os afectados pola couza da pataca

Patacas afectadas pola couza guatemalteca.

Administración convocante: Consellería Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191015/AnuncioG0426-230919-0005_es.html

Prazo: Ata 16/11/2019

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde da Consellería de Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os produtores e distribuidores de patacas que se viran afectados polas medidas fitosanitarias da corentena da couza guatemalteca.

Poderán beneficiarse destas indemnizacións as persoas que tiveran que destruír semente certificada de tubérculos de pataca en almacéns comercializadores das zonas afectadas, así como os produtores de pataca de consumo destas zonas demarcadas nas campañas 2017 e 2018 ou que tiveran que desenterrar e destruír plantacións.

Tamén poderán concorrer a estas axudas aqueles expedientes posteriores ó 1 de novembro de 2016 e que non obtivesen unha compensación nos anos 2017 e 2018. Os posibles beneficiarios das axudas teñen de prazo ata o 16 de novembro para presentar as solicitudes.

Na orde detállase o seguinte baremo para as indemnizacións:

-Pataca de semente certificada: Un custo máximo de 0,70 euros por quilo.

-Para a pataca de consumo producida na propia explotación fíxase un prezo de 0,30 euros por quilo de pataca intervida baixo control oficial da autoridade competente.

-Nas plantacións establecidas en zonas infestadas fíxanse 0,40 euros por metro cadrado de superficie plantada.

-Consulta aquí a convocatoria das axudas. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *