Axudas da Xunta para accións formativas no agro de entidades colaboradoras

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190221/AnuncioG0528-080219-0001_gl.html

Prazo: Ata 22/03/2019

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a convocatoria de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua en Galicia. Estas subvencións, que se xestionan a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), contan cun orzamento que supera os 673.000 euros, distribuídos en dúas anualidades.

Poderán ser beneficiarios das achegas as entidades colaboradoras privadas inscritas no rexistro administrativo correspondente da Consellería do Medio Rural. Deben cumprir cos requisitos establecidos para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria e sobre o procedemento de homologación dos cursos e a expedición de certificados e diplomas oficiais e demais normas que se desenvolvesen ao abeiro da súa normativa.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar dende mañá; é dicir, ata o 22 de marzo. As solicitudes deberán ir dirixidas á Agacal, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para as persoas xurídicas esta vía será obrigatoria.

Respecto ás accións subvencionables, inclúense actividades de formación continua profesional e esixible, tanto presenciais como semipresenciais, orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, da gandaría, da industria agroalimentaria e da cadea forestal-madeira, dirixidas preferentemente, a mozas, mozos e mulleres do medio rural galego.

As actividades e o contido da formación seguirán o establecido nas normativas que desenvolvan e regulen os contidos e requisitos para cada un dos cursos ou modalidades de formación: cursos de manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios, cursos de benestar animal e cursos modulares de incorporación á empresa agraria. Ademais, todas as accións formativas que se desenvolvan ao abeiro desta resolución deberán incluír un módulo dunha hora de duración sobre a muller no rural.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190221/AnuncioG0528-080219-0001_gl.html

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información