Axudas da Deputación de Lugo para poñer en cultivo terras abandonadas

Publicidade

Administración convocante: Deputación de Lugo

Enlace axuda: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/09-05-2019.pdf#page=1

Prazo: Ata 07/06/2019

Resumo:

O Boletín Oficial da Deputación de Lugo publica este xoves a convocatoria de axudas deste ano para poñer en cultivo terras abandonadas. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, a contar a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria.

Estas subvencións, en réxime de concorrencia competitiva dentro do Programa de apoio ao sector agrícola e/o gandeiro desta Deputación provincial, están destinadas aos titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras da provincia de Lugo.

Para poder ser beneficiario da subvención será preciso dispor dunha superficie mínima de 1 Ha para a súa posta en produción, podendo ser nunha única parcela, varias ou parte dunha de maior superficie, pero respectando sempre o mínimo esixido.

A superficie a incorporar pode ser en concepto de propiedade, aluguer, cesión ou calquera outro instrumento xurídico que confira o dereito de uso do ben. No suposto de solicitude de incorporación de máis dunha parcela poderán empregarse indistintamente os conceptos anteriores para cada una delas. Os beneficiarios deberán comprometerse a ter en produción ou funcionamento o ben para o que se lle concede a subvención por un período mínimo de cinco anos

Para ser beneficiario desta liña o solicitante debe acreditar que a lo menos o 50 por 100 dos ingresos da persoa física proveñan da actividade agrícola e/o gandeira. Este requisito non será esixible nos supostos de persoas físicas ou xurídicas que asuman o compromiso da súa incorporación á agricultura e/o gandería.

A subvención máxima por hectárea é de 500 euros, sen IVE, cun importe máximo de 9.000 euros por solicitante. Para o cálculo da contía da subvención empregarase a seguinte fórmula: Nº ha. x Importe Subvención Ha. Por exemplo, se nunha solicitude a superficie é de 1,23 Ha, no suposto de resultar beneficiario, o importe da subvención ascendería a : 1,23Ha x 500 € /Ha = 615 €.

O prazo máximo de execución da actividade ou comportamento subvencionado será ó 30 xaneiro de 2020.

Consulta aquí a convocatoria

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información