Axudas á conciliación da vida familiar e laboral para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Secretaría Xeral de Igualdade

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150115/AnuncioG0244-301214-0004_gl.pdf

Prazo: Ata 20/02/2015

Resumo:

Trátase de axudas económicas a aqueles/as traballadores/as que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014 tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para ocoidado do seu/da súa fillo/a.

Beneficiarios:

a) Homes que se acollan á redución de xornada sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, ou os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social.
b) Familias monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora
por conta allea e se acolla á redución de xornada.

Accións subvencionables: 

As axudas serán concedidas aos traballadores que, entre o 1 de xaneiro e o 31 de
decembro de 2014, tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para o
coidado dun/dunha fillo/a menor de tres anos ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.

Así mesmo, poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos
establecidos neste artigo, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de
acollemento familiar.

Para a convocatoria 2015 a Xunta de Galicia destina un orzamento total de 440.000 euros

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de febreiro.

Máis información nesta ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150115/AnuncioG0244-301214-0004_gl.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *