Aprobadas as bases reguladoras do Plan Renove de maquinaria agrícola

O Consello de Ministros acorda destinar 5 millóns de euros á modernización do parque español. As axudas convocaranse nos próximos días e poderanse solicitar ata o 15 de setembro

Aprobadas as bases reguladoras do Plan Renove de maquinaria agrícola

As axudas estarán abertas ata o 15 de setembro.

Administración convocante: Ministerio de Agricultura

Enlace axuda: http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2017-7984

Prazo: Ata 15/09/2017

Resumo:

O Consello de Ministros aprobou este venres as bases reguladoras para as subvencións de renovación do parque de maquinaria agrícola. As axudas incluirán tractores, máquinas automotrices, sementadoras directas, abonadoras, equipos de aplicación de fitosanitarios e dispositivos de infiltración de puríns, entre outros. O Plan Renove estará dotado este ano cun presuposto de 5 millóns de euros.

A convocatoria das axudas espérase para os próximos días e permanecerá aberta ata o 15 de setembro. O Plan é máis amplo que o do 2015, que se orientou a tractores, e diríxese a fomentar o cambio de maquinaria automotriz e equipos arrastrados ou suspendidos. Un dos obxectivos das axudas consiste en sustituir os vellos equipos por outros novos que permitan técnicas agrícolas máis respetuosas co medio, como equipos de sementeira directa, equipos de infiltración de puríns ou pulverizadores adaptados ós novos requisitos en materia fitosanitaria.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información