Apoios para a promoción de produtos de calidade diferenciada

Publicidade

Administración convocante: Axencia Galega de Calidade Alimentaria

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190206/AnuncioG0528-030119-0003_gl.html

Prazo: Ata 06/03/2019

Resumo:

A Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal), dependente de Medio Rural, convoca axudas para as actividades de promoción que realizan consellos reguladores e asociacións de produtores. O orzamento total das axudas é de 3,5 millóns de euros para os anos 2019 e 2020.

Os beneficiarios destas axudas poden ser calquera agrupación que reúna a produtores amparados por un réxime de calidade. As actividades subvencionables serán todas aquelas que pretendan dar a coñecer un produto cun selo de calidade e fomentar o seu consumo. Estas actividades deberán resaltar as características ou as vantaxes específicas destes alimentos tales como a calidade, os métodos específicos utilizados na súa produción ou as estritas normas aplicadas para garantir o benestar dos animais e o respecto do ambiente vinculadas ao programa de calidade de que se trate.

Deste xeito, entre os gastos subvencionables inclúense a organización ou participación en feiras e exposicións, actividades de relacións públicas e publicidade nos medios de comunicación ou puntos de venta, seguindo sempre as indicacións establecidas na orde. Tamén serán obxecto de subvención os estudos de mercado relacionados directamente con campañas de promoción e os de avaliación do seu impacto sobre os consumidores. As axudas poderán chegar ata o 70% do gasto subvencionable.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información