Agader convoca as axudas ao rural para a adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170421/AnuncioO90-060417-0001_gl.html

Prazo: Ata 22/05/2017

Resumo:

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) publica este venres no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas pero desenvolvidas no medio rural, como servizos sociais, actividades de lecer, innovación tecnolóxica, veterinaria…etc.

Estas axudas están cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 e contan cun orzamento de 2 millóns de euros para a convocatoria de 2017.

Poderán beneficiarse destas subvencións tanto pequenas empresas situadas en zonas rurais, como persoas físicas que residan nunha zona rural ou titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

O obxectivo é apoiar a ampliación e modernización de pequenas empresas mediante a adquisición de equipamentos produtivos destinados a actividades non agrícolas, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial no territorio rural galego.

A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables. A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir ata o 22 de maio. .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *