Aberta a solicitude das axudas da Deputación de Lugo para o rural

Administración convocante: Deputación de Lugo

Enlace axuda: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v1.jsp&tipo=6&&contenido=30795&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl

Prazo: Ata 06/10/2016

Resumo:

O Goberno da Deputación de Lugo mantén aberta a solicitude das axudas de 1,5 millóns de euros para melloras en servizos públicos do rural dos 67 Concellos da provincia. O prazo remata o 6 de outubro.

Están dirixidas a cidadáns do rural en xeral, asociacións veciñais e comunidades de montes. O plan inclúe tres liñas de actuacións:

1ª.- Mellora do abastecemento e da calidade da auga. Conta con axudas dun máximo de 30.000 euros para a construción de novas traídas de auga; e de 10.000 euros para melloras, acondicionamentos ou ampliacións das existentes. Hai que ter en conta que as traídas de auga son un servizo municipal básico para o día a día dos veciños, que seguen a ser un déficit en moito núcleos rurais aos que non chega a auga en condicións aos fogares e ás explotacións gandeiras.

2ª.- Mellora da mobilidade no rural. Contempla axudas dun máximo de 12.000 euros para arranxos e sinalizacións de accesos públicos a núcleos poboacionais, explotacións gandeiras, fincas forestais, agrarias ou viñas.

3ª.- Mellora de centros socioculturais e do seu contorno. Conta con axudas dunha contía máxima de 12.000 euros para actuacións en fachadas ou cubertas, instalacións eléctricas, sistemas de iluminación, climatización ou calefacción, traballos de albanelería e fontanería, así como de adecuación de accesos e contornos. Cómpre destacar que estas instalacións son centros de reunión e xuntanza veciñal en moitas parroquias, onde se celebran numerosas actividades colectivas de toda índole, contribuíndo á dinamización do rural.

Na concesión, favoreceranse os proxectos en impulso do sector primario, o despoboamento da zona, o número de beneficiados ou a necesidade das actuacións.

O Executivo Provincial decidiu conceder un anticipo do 95% da axuda aos beneficiarios.

Consulta as bases e descarga os modelos de solicitude na seguinte ligazón.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información