A Xunta convoca as axudas para equipamentos e novas adegas no sector víticola

Publicidade
Publicidade
A Xunta convoca as axudas para equipamentos e novas adegas no sector víticola

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitando as novas instalacións de Adegas Terras Asorei

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda:

Prazo: Ata 22/01/2016

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde do 9 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas. Estas axudas están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e convócanse para o ano 2016.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios da medida de investimentos as empresas galegas que realicen actividades de transformación ou comercialización de produtos vitivinícolas ou ben ambas as dúas actividades simultaneamente.

As axudas cobren investimentos tales como a construción, adquisición ou mellora de adegas, a compra de nova maquinaria e equipamentos, ou ata un 8 % dos gastos xerais como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, estudos de viabilidade ou adquisición de patentes e licenzas.

Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria, así como de toda a documentación requirida será dun mes contado a partir do dia seguinte ao de publicación desta orde, é dicir ata o 22 de xaneiro de 2016.

Non obstante, no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, o solicitante terá un prazo adicional de dous meses para presentar a preceptiva licenza de obras, é dicir ata o 22 de abril.

Máis información sobre a convocatoria de axudas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información