Xornadas sobre a traxectoria e futuro dos montes veciñais en Galicia

O Consello da Cultura Galega organiza en setembro en Santiago un foro no que analizará os cambios e perspectivas que se lle presentan ás comunidades de montes en mancomún

Publicidade
Data inicio: 28/09/2017
Data fin: 29/09/2017
Lugar: Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, España

Santiago acollerá os días 28 e 29 de setembro un foro adicado a analizar a traxectoria e perspectivas de futuro dos montes veciñais en Galicia. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega, quere contribuír á reflexión sobre o monte veciñal desde un enfoque pluridisciplinar.

O monte veciñal atravesou no último século cambios radicais, desde os procesos de privatización e ‘estatalización’, coas conseguintes repoboacións forestais, ata a devolución dos montes ás comunidades e ós cambios de uso en paralelo á revolución verde. O actual proceso de abandono e despoboamento do rural presenta un novo escenario, que se xunta a fenómenos como a demanda dunha axeitada ordenación do territorio ou unha maior valoración da paisaxe.

As xornadas organizadas polo Consello da Cultura pescudarán nos usos reais e potencias do monte, valorando experiencias e oportunidades, boas prácticas e a consecuencia do abandono das aldeas.

A inscripción pódese facer online na web do Consello da Cultura Galega.

Programa

XOVES, 28 DE SETEMBRO

9:15 horas. Inauguración

9:30 horas
O retorno dos comunais: institucións, regras e equilibrios de poder
José Miguel Lana Berasain. Universidad Pública de Navarra

10:15 horas
A pervivencia dos montes veciñais galegos: razóns e distorsións
Xesús Balboa. Universidade de Santiago de Compostela

11:00 horas. Pausa

11:15 horas
Terras comúns, intereses cruzados: o monte veciñal galego no século XX
Ana Cabana Iglesias. Universidade de Santiago de Compostela

12:00 horas
O “problema da terra” na Galiza do século XXI e o papel dos montes veciñais en man común
Edelmiro López Iglesias. Universidade de Santiago de Compostela

12:45 horas. Debate

16:30 horas
Rozas, estivadas e pan de vedro: o cultivo temporal do monte na Galicia da Idade Moderna
Hortensio Sobrado Correa. Universidade de Santiago de Compostela

17:15 horas
Os montes e a súa toponimia
Antón Santamarina. Universidade de Santiago de Compostela

18:00 horas
Mesa redonda: Montes, ordenación do territorio e paisaxe
Presenta e modera: Iago Seara Morales
Daniel Pino Vicente. Lcdo. en Ciencias Políticas, urbanista, Consultora Galega
Alfonso Díaz Revilla. Arquitecto, profesor da ETSA da Coruña; Oficina de Planeamento
Inés Santé. Directora do Instituto de Estudos do Territorio
Plácido Baamonde López. Doutor Enxeñeiro Agrónomo

VENRES, 29 DE SETEMBRO

9:30 horas
Los bienes concejiles de aprovechamiento comunal en la provincia de León: presencia, gestión y valor, siglos XVI-XX
Laureano Rubio Pérez. Universidad de León

10:15 horas
Baldíos, percursos do último século
Fernando Silva Oliveira Baptista. Enxeñeiro agrónomo polo Instituto Superior de Agronomia / Universidade Técnica de Lisboa; profesor catedrático do Instituto Superior de Agronomia

11:00 horas. Pausa

11:15 horas
Mesa redonda: As boas prácticas na xestión dos montes veciñais
Presenta e modera: María do Mar Pérez Fra
Henar Román. Presidenta da Comunidade de Montes de Labrada, Abadín
José Antonio Barbeito. Presidente da Comunidade de Montes de Xalo, Culleredo
Isaac González. Presidente da Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, Oia

12:30 horas
Mesa redonda: Propostas para a posta en valor dos montes veciñais
Presenta e modera: María do Mar Pérez Fra
Alfredo Pereira. Presidente de Organización Galega de Comunidades de Montes.
Carlos Morgade. Presidente de Iniciativa Comunales
Vanessa Castro López. Montenoso
Carlos González Andrés. Xefe do Servicio de montes veciñais en man común e estruturas forestais

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información