Data inicio: 16/01/2017
Data fin: 18/01/2017
Lugar: Ponte Pequena, 22, 15147 Coristanco, A Coruña, España
A Fundación Juana de Vega e o Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa, de Coristanco, organizan os vindeiros 16, 17 e 18 de xaneiro unhas xornadas sobre “Estratexias de comercialización de produtos agroalimentarios”. O horario será de 9:00 a 14:00 horas e a inscrición é gratuíta. Este curso está dirixido a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios, e demais persoas interesadas.
Obxectivos:
-Coñecer as novas ferramentas do márketing online e de comercialización no ámbito agroalimentario.
-Axudar a definir unha estratexia de comercialización de produtos agroalimentarios para mellorar o seu posicionamento no comprado.
-Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.
Programa:
Luns 16 e Martes 17 de xaneiro.
Docente:
José Ramón Porto. Director de Pe- Márketing e profesor de Márketing dixital na USC e na University College de Dublin.
Contidos:
Estratexias de comercialización. Integración offline – online:
-Cambios no comportamento de compra do consumidor.
-A importancia de planificar en márketing.
-Novas estratexias de comercialización.
-Márketing dixital.
-Estratexias de márketing dixital
-Integración do márketing tradicional e o dixital.
Mércores 18 de xaneiro
Docente:
Xosé Teiga. Director creativo experto na estratexia aplicada á comunicación e a publicidade para xerar mensaxes de marcas, produtos e empresas a través de conceptos creativos, identidade corporativa e deseño gráfico aplicado á comunicación gráfica, publicidade, interactiva e audiovisual.
Contidos:
1ª Parte
Introdución: Branding & Packaging: necesidade de marcar, signos / marcas, Branding, Tendencias en deseño, Autenticidade, Calidade, Pureza, Biobase, Códigos bidi, Desenvolver unha estratexia
2ª Parte
Identidade de produto: Narración, cultura, industria, Carrefour, atraer, tendencias etiquetas e envases, envases intelixentes, envases verdes, envases adaptados, envases interactivo, novos tamaños, evocar máis emoción / multisensorial, envases personalizados, sustentabilidade, ecofriendly, packaging e innovación
O prazo para inscribirse finaliza o xoves 12 de xaneiro.
Se estás interesade@, inscríbeche gratuitamente en: fonteboa@efagalicia.org ou no Tlf. 981 733 051
Para o desenvolvemento do curso recoméndase asistir con computador portátil ou tablet.
Excelente iniciativa y con un buen contenido.
La mejor forma de empezar el año, envié la inscripción ayer mismo,
¡Graciñas!