Xornadas sobre “Coidados culturais nas maceiras de sidra: aclareo de froitos”

Publicidade
Publicidade
Xornadas sobre “Coidados culturais nas maceiras de sidra: aclareo de froitos”

Plantación de mazairas de sidra na Estrada

Data inicio: 12/12/2017
Data fin: 13/12/2017
Lugar: Concello de Abegondo, Abegondo, España

A Oficina Agraria Comarcal de Cambre organiza para os vindeiros 12 e 13 de decembro unhas xornadas sobre “Coidados culturais nas maceiras de sidra: aclareo de froitos”.

O sector da mazá de sidra é un dos que máis pulo está a coller no rural galego nos últimos anos, especialmente en ecolóxico, debido a crecente demanda de sidrerías galegas com Custom Drinks.

Neste sentido, o curso no que colabora o Concello de Abegondo, vai dirixido a aquelas persoas que traballan ou teñen previsto realizar plantacións de mazá de sidra. Para inscribirse pódese chamar ao teléfono 881 880 355. As xornadas celebraranse na Casa do Concello de Abegondo.

Programa:

Día 12

9:30 h. Apertura das xornadas:
• D. José Antonio Santiso Miramontes. Alcalde de Abegondo.
• D. Manuel Rodríguez Vázquez – Xefe Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural

10:00 h. Asociación de Fruticultores de Galicia (Afrugal): creación, comercialización e posible cooperativa.
• José Juan Rico Rodríguez. Biólogo. Secretario AFRUGAL.

11:30 h. Pausa.

12:00 h. Cooperativa Ullama: creación e comercialización.
• Miguel Soto Albores. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Técnico da Coop. Ullama. A Estrada. Pontevedra.

13:30 h. Mesa redonda sobre comercialización.
• José Juan Rico Rodríguez. Biólogo. Secretario AFRUGAL.
• Miguel Soto Albores. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Técnico da Coop. Ullama. A Estrada. Pontevedra.

14:00 h. Remate xornada de mañá.

15:30 h. Visita a explotacións.
• Plantación de maceiras de sidra en Adragonte – Paderne (A Coruña). Juan Manuel Veiga Vázquez. Fruticultor socio de AFRUGAL.

• Campo de ensaio Proxecto MAELOC no CFEA Guísamo (A Coruña). Francisco Otero Otero. Coordinador dos campos de ensaio do Proxecto MAELOC.

18:00 h. Remate da xornada de tarde.

Día 13

9:30 h. Coidados culturais da mazá de sidra.
• Francisco Otero Otero. Enxeñeiro Agrónomo. Técnico da Consellería do Medio
Rural.

11:00 h. O servizo de transferencia tecnolóxica.
• José Souto Pérez. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Técnico da Consellería do Medio Rural.

11:30 h. Pausa.

12:00 h. Proxecto Maeloc

• José Luis Olmedo Nadal. Enxeñeiro Agrónomo. Xestor de proxectos I+D+i de Hijos de Rivera Inversiones Corporativas SL.

13:30 h. Aclareo de froitos.
• Francisco Otero Otero. Enxeñeiro Agrónomo. Técnico da Consellería do Medio Rural.

14:00 h. Remate da xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *