Xornadas sobre a Vespa Velutina este venres e sábado nas Pontes

Publicidade
Xornadas sobre a Vespa Velutina este venres e sábado nas Pontes

Velutina na piqueira dunha colmea

Data inicio: 28/10/2016
Data fin: 29/10/2016
Lugar: Goente, 1, 15325 Puentes de García Rodríguez, La Coruña, España

A Casa do Mel de Goente, no concello coruñés das Pontes, organiza este xoves e venres, 28 e 29 de outubro, unhas “Xornadas de intercambio de ideas sobre a Vespa Velutina”.

Os xornadas celebraranse na Casa do Mel e a asistencia é gratuíta. O programa é o seguinte:

Venres, 28 de outubro:

10:00 h.-Inauguración das xornadas. Valentín González Formoso, Presidente da Deputación Da Coruña e Alcalde de As Pontes.

10:10 h. Problemática da Vespa Velutina dende o punto de vista das asociacións apícolas. D. Pablo Piero Fraga – APLA Lugo, D. Gonzalo Calvo – AGA, D. José M. Seijo – Agrupación Apícola de Galicia e Dna Ester Ordoñez Dios, da IXP Mel de Galicia.

11:10 h. Problemática da Vespa Velutina dende o punto de vista dos concellos. Representantes de varios concellos.

12:10 h A Vespa Velutina en Galicia: accións da Administración Pública. José Luis Puerta Villegas – Representante da Xunta de Galicia.

12:30 h Proxecto do Grupo Operativo de Innovación da Casa do Mel. D. Manuel Ferreira – Presidente da Casa do Mel; D. Miguel Teixido, Xerente de EuroEume ; D. Jorge M. Blanco Ballón – Asociación Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos; Dr. Xosé Lois Otero Pérez – Universidade de Santiago de Compostela, e D. Jorge Seoane Brandariz – Área de Sensórica e Comunicacións do Instituto Tecnolóxico de Galicia.

14:00 h. Coloquio sobre os temas tratados.

14:30 h. Descanso

17:00 h. A avespa asiática: un depredador exótico en Europa. ¿Que nos depara o futuro? Dr. Xesús Feás Sánchez membro da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.

18:00 h.Busca de niños de velutina. D. Miguel Mouta e Dna Mirian Muñoz – Solcan Galicia.

Sábado, 29 de outubro:

10:00 h. Métodos de eliminación de niños de Vespa Velutina en Portugal. D. Marco Portocarreiro.
11:30 h. Trampa eléctrica. D. Ramiro J. Freire.
12:00 h. Protocolos de actuación de Grupos de Emerxencia e Protección Civil para o control da vespa velutina. D. Lolo Andrade -Técnico de Protección Civil.

13:00 h. Presentación dun dron (UAV) para eliminar os niños da vespa velutina.

13:30 h. Coloquio sobre os temas tratados.

14:00 h. Conclusións.

14:30 h. Clausura das Xornadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *