Xornadas do Sindicato Labrego sobre pastoreo en vacún de leite

Xornadas do Sindicato Labrego sobre pastoreo en vacún de leite
Data inicio: 13/01/2017
Data fin: 13/01/2017
Lugar: cuartel vilalba

O Sindicato Labrego Galego (Slg) organiza o vindeiro mes de xaneiro unhas xornadas sobre produción de leite en base a pastoreo.

A primeira será o 10 de xaneiro en Meira, na Casa da Cultura, e a segunda o día 13 en Vilalba, no local do Slg na rúa Cuartel. O horario será de mañá e de tarde cunha vista a unha explotación da comarca.

Nestas xornadas intervirán Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego; Eloi Villada, presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, e tres gandeiros de vacún de leite con experiencia en pastoreo: Daniel Veiga Legaspi, da gandería Patalarga, da Pastoriza; Óscar Morado, de Sat Margá, en Guitiriz, e Ángel Rivas Lamas, de Casa Codesal, en Friol.

Para asistir é necesario inscribirse enviando un correo a [email protected] ou a [email protected] ou chamando aos teléfonos 982 512431 ou 679 192 000

Para o Sindicato Labrego “moitos son os prexuízos e mitos que din que na Galiza non é posible a produción de leite en base aos pastos e forraxes, argumentando a falta de competitividade destes sistemas, pero nunca nada se dí da súa eficiencia, resiliencia e sustentabilidade”.

Neste sentido, aseguran que “o obxectivo destas xornadas é abrir o debate sobre o modelo de produción que queremos para o noso territorio, tendo en conta a situación actual dun mercado liberalizado, pouco estable, con grande competencia internacional, nunha situación de crise enerxética e de materias primas, cambio climático, procesos de acaparamento de terras e abandono do rural”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información