Xornadas de dinamización e aproveitamento sostible do monte

Publicidade
Data inicio: 04/03/2016
Data fin: 05/03/2016
Lugar: A Ponte IRIXO

A Asociación Cultural Arracada, do concello ourensán do Irixo, organiza este venres, 4 de marzo, e o sábado, día 5, a primeira edición das Xornadas de dinamización e aproveitamento sostible dos montes do Irixo.

O seu obxectivo é informar e asesorar as Comunidades de Montes, propietarios/as forestais e veciños/as, da capacidade produtiva do sector forestal de cara á creación de emprego e a diversificación da actividade económica do medio rural.

As xornadas celebraranse os vindeiros venres e sábado,4 e 5 de marzo, no centro multiúsos do concello, na Ponte (O Irixo).

O programa é o seguinte:

PROGRAMA

Venres 4 de marzo

16:00 Benvida e presentación das xornadas.

D. Manuel Penedo Paradela (Alcalde – presidente do Concello de Irixo).

16:10 “ Gandería de Razas Autóctonas, montes en man común e coeficientes de aproveitamento de pastos CAP“

D. José Ramón Justo Feijoo (Director da Federación de Razas Autóctonas Españolas – FEDERAPES)

17:40 “O cultivo da castaña de calidade“

D. Manuel López Pérez (Secretario da IPX Castaña de Galicia).

Sábado 5 de marzo

10:30 Axudas públicas destinadas ó sector forestal. A figura das SOFOR”

D. Manuel Lois Ramos. (Enxeñeiro Técnico Agrícola)

11:30 Pausa Café

11:45 Explotación extensiva de cabra galega”

D. José Núñez. (Gandería Carballosa en Pedrafita do Cebreiro)

12.45 “As axudas da Administración dirixidas ás C.M. no ámbito da gandería ós mozos

D. Eugenio García Tizón. (Enxeñeiro Técnico Agrícola)

13:45 Clausura das xornadas

D. Eladio Munín Barreiro (Presidente Asoc. Cultural Arracada do Irixo)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información