Xornada técnica sobre variedades autóctonas de pereiras

Publicidade
Xornada técnica sobre variedades autóctonas de pereiras
Data inicio: 28/10/2015
Data fin: 28/10/2015
Lugar: Lamansian, 15318 Abegondo, La Coruña, España

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) organiza o vindeiro mércores, día 28, unha Xornada técnica sobre variedades autóctonas de pereiras.

As solicitudes de inscripción deberán ser remitidas á Subdirección Xeral de Formación e Innovación Agroforestal, por FAX: 981 546 651 ou mediante o correo electrónico seguinte, antes das 14:00 horas do 26 de outubro formacion.cmrm@xunta.es

Programa da xornada:
10:00 h. Manuel López Luaces, director do CIAM. Presentación da xornada.

10:05 h. Javier Ascasibar Errasti (INGACAL) Situación do Xermoplasma de pereira en Galicia.
– O banco de xermoplasma do CIAM e outras coleccións nacionais.
– A produción comercial de variedades autóctonas de pereiras.
Fitosanidade das variedades de pereiras autóctonas
– Patóxenos de corentena
– Virus e organismos afíns

10:30 h. Ramiro Martínez Picos (Viveiros O Pomariño) Problemática da conservación das variedades autóctonas. Unha visión dende o punto de vista do viveirista e do produtor.

11:00 h. César Iglesias Vázquez (Servizo de Sanidade e Produción Vexetal )Aplicación do regulamento técnico de produción de froiteiras no caso dos viveiros de multiplicación de variedades autóctonas.
Observación da identidade varietal.
– Rexistro de variedades e variedades comercializables.
– Verificación da identidade varietal
Observación da sanidade vexetal
– Control de organismos de tolerancia superior ao admisible (Anexo II do Regulamento)
– Control de organismos de corentena (RD 58/2005)

11:45 h. Café
12:15 h. Santiago Pereira Lorenzo (USC) Caracterización de variedades de pereira do Banco de Xermoplasma do CIAM
– Métodos de identificación de variedades
– Caracterización do Banco do CIAM
– Traballos que se están a desenvolver

13:00 h. Mª Luz González Caamaño (USC) Cultivo in vitro para saneamento e recuperación de variedades autóctonas de pereira

13:45 h. Visita ao Banco de Xermoplasma do CIAM

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *