Xornada Técnica sobre prevención de riscos laborais no sector vitivinícola

Publicidade
Data inicio: 12/03/2015
Data fin: 12/03/2015
Lugar: Rúa do Comercio, Monforte de Lemos, Spain

Este xoves 12 de marzo ás 19:15 horas terá lugar na sé do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra (Salón do Centro do Viño, R/Comercio 6-8, 27400 Monforte de Lemos, Lugo) unha xornada técnica sobre a prevención de riscos laborais no sector vitivinícola impartida polo ISSGA de Ourense (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral).

Nesta xornada abordaranse aspectos relativos aos riscos laborais existentes nos distintos traballos do sector vitivinícola complementada coa entrega de documentación, o que pode servir como base tanto para a mellora da concienciación e a prevención dos riscos laborais dos traballadores do sector, dos autónomos, así como para a coordinación de actividades con persoal alleo que concorre nun mesmo centro de traballo, como é habitual en determinados momentos dos procesos produtivos no sector.

Na xornada intervirá o presidente da denominación de orixe D. José Manuel Rodríguez González.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *