Xornada técnica sobre o Picudo Vermello das palmeiras

Xornada técnica sobre o Picudo Vermello das palmeiras

Picudo vermello en palmeiral infectado en Elxe. Foto: stoppicudorojo.com

Data inicio: 28/09/2017
Data fin: 28/09/2017
Lugar: Avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, España

A Consellería do Medio Rural organiza o vindeiro 28 de setembro en Pontevedra a II Xornada Técnica sobre o Picudo Vermello das Palmeiras, unha praga exótica que está a afectar tamén a Galicia.

A xornada celebrarase no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra. Para asistir é obrigatorio realizar unha solicitude de asistencia remitindo os datos persoais a [email protected] ou ben enviala por fax ao 886 20 65 88

Programa da xornada:

-9:00 horas: Presentación da xornada. Nicasio Mejuto Martí, subdirector xeral de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural.

-9:45 horas: Situación actual e importancia do picudo vermello en Galicia. Antón Vázquez Caamaño, Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra. Consellería do Medio Rural.

-10:30 horas: Xestión integral da praga do picudo vermello das palmeiras. Susana Gómez Vives. Xefa de investigación da Estación Phoenix de Elxe (Alacante).

-12:00 horas: Pausa café.

-12:30 horas: Plan de continxencia en Baleares: actuacións e resultados. Francesc Adrover Adrover. Servizo de Sanidade Vexetal do Goberno Balear.

-14:00 horas: Comida.

-16:00 horas: Presentación de sistemas e produtos de casas comerciais para combater o picudo vermello das palmeiras.

-18:00 horas: Práctica de planificación de tratamentos en palmeiras afectadas en distintos graos. Xavier Loureiro Vásques de Lantanho. Centro de Experimentación e Formación Agroforestal de Lourizán.

-19:00 horas: Práctica de endoterapia vexetal. Técnico da empresa especializada Arbogal.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información