guay fontao

Xornada técnica sobre mellora xenética en vacún de leite

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (AGACAL-CIAM), en colaboración con Xenética Fontao S.A. e Africor Lugo, organizan para o vindeiro 11 de outubro unha xornada técnica sobre “Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética”.

A xornada, que se celebrará nas instalacións do CIAM en Mabegondo (A Coruña), está dirixida a gandeiros e técnicos ou persoas que se queiran incorporar ao sector. As ponencias serán impartidas por Alejandro Fernández Fernández, xefe de Área de Selección e Mellora   Xenética de Xenética Fontao e Manuel López Luaces, director do CIAM.

Programa da xornada:

10:00 – Presentación e proposta de obxectivos.

10:15 – Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos e as bases de referencia.

11:00 – Conceptos críticos: fiabilidade das probas, herdabilidade dos caracteres e consanguinidade dos apareamentos.

12:00 – A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para a inseminación artificial. Obxectivos da selección.

13:00 – Interpretación dos catálogos. Probas internacionais.

14:00 – Xantar (por conta dos asistentes).

16:00 – Probas xenómicas fronte á selección convencional.

17:00 – Os apareamentos. Parte 1.

18:00 – Pausa.

18:30 – Os apareamentos. Parte 2.

19:30 – Mesa redonda e resolución de dúbidas. Conclusións da xornada.

Como anotarse?

A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia. As solicitudes pódense descargar da páxina web www. ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico ao enderezo [email protected] ou por fax 881 881 800

DESCARGA DE DÍPTICO

DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN