Xornada técnica sobre incorporación ao sector de ovino e cabrún

Publicidade
Data inicio: 10/05/2019
Data fin: 10/05/2019
Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Lugo, España

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo, con colaboración coa Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA), organiza o vindeiro 10 de xuño, luns, a “V Xornada Técnica de Incorporacións de Mozos/as á actividade gandeira de ovino e cabrún”.

A xornada, incluída dentro do plan de transferencia do agro galego 2019, celebrarase na sala de xuntas do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

A entrada é libre e gratuíta e está dirixida a aquelas persoas incorporadas ou que se queiran incorporar á gandería de ovino ou caprino.

O programa é o seguinte:

9:00 – 9:30 h.
Inauguración da xornada. D. Xabier Bruña García (Xefe da sección da OAC de Lugo e D. Diego Fernández González. Presidente de OVICA)

9:30 – 10:30 h.
“Xestión integral dunha explotación de ovino e cabrún en réxime extensivo ou semiextensivo en Galicia.”
Dna. Noelia Ron Vega Enx. Agrónoma e Técnica de OVICA e Pastores de Galicia.

10:30 – 11:30 h.
“Novidades da PAC para a campaña 2019 no sector Ovino e Cabrún de Galicia.” D. Rubén García Cabana. Enx. Agrónomo e Técnico da Delegación Territorial do FOGGA en Lugo. Responsable das axudas acopladas de ovino e cabrún. E D. Orlando González Folgueira. Enxeñeiro Técnico Agrícola de Ovica .

11:30 – 12:00 h.
Pausa café

12:00 – 14:00 h.
“Orde de axudas de incorporacións de xóvenes mozos/as á actividade agrogandeira no rural e plans de mellora para o 2019”. Persoal técnico do Servizo de Explotacións Agropecuarias en Lugo. Consellería de Medio Rural.

16:00 – 21:00 h.
Visita guiada as granxas de ovino en Cospeito e Castro Riberas de Lea (visita voluntaria previa confirmación)

Confirmar asistencia chamando aos teléfonos 982 245 142 ou 687 778 013

Descarga aquí a ficha de inscrición

ovica programa 19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información