Xornada sobre viticultura na Semana Verde de Galicia

Os enxeñeiros técnicos agrícolas de Galicia organizan unha xornada sobre viticultura na Semana Verde de Silleda. Celebrarase este venres, 10 de xuño, e contará coa presencia de historiadores, enólogos e enxeñeiros

Publicidade
Publicidade
Xornada sobre viticultura na Semana Verde de Galicia

Viticultura na Ribeira Sacra. Foto: Adega Cachín

Data inicio: 10/06/2016
Data fin: 10/06/2016
Lugar: Fundación Semana Verde de Galicia, Silleda, España

Os Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, con presenza nas catro provincias, organizan a xornada Enxeñaría Técnica Agrícola e viticultura moderna en Galicia, este venres, día 10, no Recinto Feiral de Silleda dentro da programación da Semana Verde, que se celebra do 9 ó 12 de xuño. Nela, farase un percorrido do “turbio” aos viños con Denominación de Orixe.

A xornada, que comezará ás 10.00 horas, contará coa presenza do profesor da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, Xavier Castro, quen analizará desde unha visión histórica as prácticas erróneas na elaboración do viño. O enólogo Pablo Estévez, pola súa banda, dará o seu punto de vista como experto na súa ponencia Desde a viña ata a comercialización, e as Denominacións de Orixe Rías Baixas e Ribeira Sacra darán a súa perspectiva da viticultura e a súa influencia na contorna. Por último, o enxeñeiro agrícola Xosé Antonio Meixide, do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo falará da variedade de uva máis senlleira e descoñecida, a Branca Lexítima, da Terra de Betanzos.

Haberá unha degustación de produtos galegos con D.O.

Os interesados en participar nesta xornada, que concluirá cunha degustación de productos galegos con Denominación de Orixe, poderán facelo a través dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e no stand conxunto que terán durante a celebración da Semana Verde, onde darán a coñecer as súas actividades.

Poderá realizarse a inscrición en calquera dos enderezos electrónicos que seguen, ata o día 9 de xuño (inclusive), as 12 h:

e-mail@coitalugo.org

colegio@coitagalicia.org

delegacionpontevedra@coitagalicia.org

webmaster@coita-ourense.com

Dende a inauguración da feira, admitiranse, tamén as inscricións feitas no “stand”, tendo estas prioridade sobre as que se reciban por outra vía, e tamén á entrada da sala, se o aforo o permite.

Descarga aquí o programa da xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información