Xornada sobre sistemas de transferencia de coñecemento no vacún de leite

Xornada sobre sistemas de transferencia de coñecemento no vacún de leite
Data inicio: 24/11/2017
Data fin: 24/11/2017
Lugar: INGACAL-CIAM, A Coruña, España

O día 24 de Novembro, en horario de 9:30 a 14:30 horas, desenvolverase no Salón de Actos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo unha xornada sobre “Sistemas de transferencia de coñecemento no sector de vacún de leite”.

A asistencia é libre e gratuíta ata completar aforo. O programa é o seguinte:

-”Presente do sector produtor de leite en México. Retos na transmisión do coñecemento”. Dalia Andrea Platas Reyes. Licenciada en Medicina Veterinaria y Zootecnia pola Universidade Autónoma do Estado de México

-”Sistema de asesoramento e transmisión de coñecemento en Francia”. Philippe Jeanneaux, enxeñeiro Agrónomo e Profesor da Escola Superior SupVetAgro en Clermont Ferrand, especialista en economía agraria e dinamización de grupos de discusión. Expoñerá a súa ampla experiencia na dinamización de grupos de gandeiros e o funcionamento do programa
PerfEA para a xestión de explotacións agrícolas

-”Posibles escenarios de futuro para o sector lácteo galego”. César Resch Zafra.
Exporá os escenarios en produción de leite Grupo Focal “Sistemas robustos e resilientes de produción de leite” do Partenariado Europeo de Innovación da Dirección Xeral de Agricultura da Unión Europea. Presentación do Proxecto Dairy For Future, proxecto de innovación tecnolóxica no que o CIAM participa xunto con outras 10 institucións europeas abranguendo dende Escocia a Azores.

-”Proxectos colaborativos de vacún de leite no CIAM”. Gonzalo Flores Calvete
Avances na trazabilidade da alimentación das vacas a través do leite. Cuantificación e análise dos diferentes sistemas de alimentación en explotacións leiteiras galegas. Rotacións de leguminosas con millo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información