Xornada sobre sistemas de loita contra a Vespa Velutina

Publicidade
Xornada sobre sistemas de loita contra a Vespa Velutina
Data inicio: 04/11/2017
Data fin: 04/11/2017
Lugar: Ctra. de Pontedeume as Pontes, 5, 15325 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O vindeiro 4 de novembro celebrarase na Casa do Mel de Goente a “II Xornada de intercambio de ideas sobre a Vespa Velutina”, na que se abordarán os avances na loita contra a expansión da avespa asiática.

Esta xornada está organizada pola Casa do Mel de Goente, coa colaboración do Concello de As Pontes e da Deputación da Coruña.

Programa:

10:15 h.-Inauguración da xornada por Valentín González Formoso, Presidente da Deputación Da Coruña e Alcalde de As Pontes.

10:30 h. “Detención precoz da distribución potencial da avespa asiática en Galicia mediante algoritmos estadísticos automatizados sobre plataformas dixitais”. Luis Rodríguez Lado, dooutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Está especializado na creación de modelos estadísticos de predición medioambiental.

11:15 h. “Investigación sobre o uso de parásitos autóctonos como ferramenta biolóxica para combater a vespa velutina”. Xulio Maside, doutor en Bioloxía Universidade de Santiago de Compostela. Grupo de Xenómica Comparada de Parásitos Humanos e Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela

12:00 h “Impacto da loita contra a vespa velutina nos custos das explotacións de mel”. Mariam Ferreira Golpe, enxeñeira forestal e do medio natural. Desenvolveu este traballo dentro do grupo de investigación ECOAGRASOC da USC.

12:45 h “Do xenerador de alta tensión á construción da arpa”. Carlos Álvarez, enxeñeiro industrial e profesor na Universidade da Coruña

13.30 h. Aerocámaras: especialistas en drons. Jaime B. Reboredo.

13:45 h. Coloquio sobre os temas tratados.
14:15 h. Descanso
16:00 h: Demostración práctica de eliminación de niños de velutina con dron. Empresa Aerocámaras.

17:00 h. As arpas: a nosa defensa contra as velutinas
 D. Ramiro J. Freire. Produtor de documentais, divulgador ambiental e apicultor.
 D. José Luis Blanco. Técnico electrónico
 D. Victor Manuel Cousillas. Electricista, e apicultor.
 Mesa redonda con intervención de distintos apicultores que falarán de distintos tipos de arpas eléctricas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *