Xornada sobre “Retos e oportunidades para o mundo do viño”

Publicidade
Publicidade
Xornada sobre “Retos e oportunidades para o mundo do viño”
Data inicio: 17/06/2016
Data fin: 17/06/2016
Lugar: Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, Rúa do Progreso, Orense, España

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) organiza o vindeiro 17 de xuño unhas xornadas técnicas co título Retos e oportunidades para o mundo do viño. Este evento desenvolverase no salón de actos do Centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Nesta xornada presentaranse catro proxectos fundamentais para o futuro do sector vitivinícola: a determinación pegada dixital dos viños mediante Resonancia Magnética Nuclear, que asegura unha mellor trazabilidade dos mesmos; a presentación dunha Guía de Variedades Minoritarias elaborada polo GETEVE e coordinada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Asemade, presentaranse os proxectos europeos Winetwork e Vitis Europa nos que a Evega participa a través do INGACAL.

O evento rematará cunha cata/degustación de viños de variedades minoritarias.

Velaquí o o programa e a folla de inscrición para remitila ben sexa vía e-mail (evega.medio-rural@xunta.es) ben sexa por fax (988788099)

Se está interesado en asistir debe remitir a de solicitude antes do 16 de xuño

-Programa

-Folla de inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información