Xornada sobre a relación entre as forraxes e a saúde do gando

Publicidade
Data inicio: 27/06/2017
Data fin: 27/06/2017
Lugar: Melide praza das universidades

Xestión Agrogandeira e Natureza organiza o vindeiro día 27 unha xornada sobre “Produción de forraxes e saúde animal: a relación planta-solo-animal”.

A xornada, que se celebrará no local multiúsos de Melide, será impartida por Chantal Philippe, enxeñeira agrónoma e responsable de soporte técnico do grupo francés Meac. Falará sobre as mesturas pratenses, a relación entre o solo e o sistema dixestivo dos animais, equilibrio entre proteína e enerxía, recolección de forraxes e saúde animal…etc.

O horario da parte teórica é de 11:30 a 14:00 horas e pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas realizarase unha visita a unha gandería ecolóxica. O prezo é de 30 euros máis o xantar.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a info@xangalicia.com ou chamando ao 620806 414

18920520_1533310076742465_7956215816506584420_n

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *