Xornada sobre produción de carne de vacún nas Mariñas coruñesas

A asociación Mariñas-Betanzos organiza unha sesión no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo dirixida ás persoas que estean interesadas en emprender na gandería de carne

Publicidade
Data inicio: 28/02/2018
Data fin: 28/02/2018
Lugar: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo acollerá o 28 de febreiro unha xornada dirixida ás persoas que que queiran emprender na produción de vacún de carne en extensivo. A actividade está organizada pola asociación Mariñas – Betanzos, entidade xestora da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas, e contará coa participación de gandeiros que exporán as súas experiencias de traballo. Tamén se ofrecerá información técnica relevante para a posta en marcha de iniciativas no sector.

Calquera persoa interesada pode poñerse en contacto coa asociación Mariñas-Betanzos para ter máis información ou para inscribirse na xornada a través do teléfono 981 669 541 ou no correo electrónico info (arroba) marinasbetanzos.gal.

Curso de poda
Tamén no ámbito das Mariñas coruñesas, o Concello de Sada programou para este mes un curso de poda de froiteiras e kiwis cun total de 10 horas de duración. O curso celebrarase os días 19, 20, 21 e 26 de febreiro en horario de tarde (Prácticas de poda entre 16 e 18.30 horas e parte teórica entre 18.30 e 21 horas). O prazo de inscripción, que se debe realizar contactando co Concello, remata o venres 16 ás 14 horas. Hai un total de 25 prazas dispoñibles. A actividade é gratuíta.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información