Xornada sobre produción combinada de resina e madeira

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán analiza o vindeiro 6 de novembro as posibilidades de compatibilizar a actividade resineira co cultivo forestal de piñeiros destinados a aserrado

Publicidade
Xornada sobre produción combinada de resina e madeira
Data inicio: 06/11/2019
Data fin: 06/11/2019
Lugar: Centro de Investigación Forestal de Lourizán, España

O vindeiro 6 de novembro celebrarase no salón de actos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán unha xornada técnica de transferencia de coñecemento sobre o aproveitamento resineiro en piñeiros destinados á produción forestal.

Baixo o título A resinación en Galicia: Sistemas de resinación que compatibilicen a produción combinada de resina e madeira, diversos expertos analizarán durante toda a mañán as posibilidades desta actividade que pouco a pouco se vai abrindo paso nos montes da nosa comunidade.

Logo de explicar os distintos métodos para a resinación de piñeiros, como o tradicional de pica de cortiza e o método máis innovador de taladro basal, denominado borehole, os asistentes farán unha visita ao campo de ensaio experimental ubicado na finca do CIF de Lourizán.

As xornadas, que son abertas previa inscrición e contan cun aforo limitado de 35 prazas, van destinadas a propietarios forestais e representantes da industria madeireira, membros de comunidades de montes, mulleres e mozos agricultores e traballadores en activo ou desempregados dos sectores agrícola e forestal.

A xornada é de balde e para poder asistir é necesario anotarse cubrindo o seguinte formulario e enviándoo por correo electrónico ao enderezo Infolourizan.mr@xunta.gal. A reserva de prazas será por orde de inscrición.

PROGRAMA DA XORNADA: 

diptico Resina-3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información