Xornada sobre as posibilidades da Serra do Xistral para a produción de mel e carne

Publicidade
Xornada sobre as posibilidades da Serra do Xistral para a produción de mel e carne

Cabalos da gandaría O Porto, na Serra do Xistral

Data inicio: 07/07/2018
Data fin: 07/07/2018
Lugar: Viveiro, Muras, España

O próximo sábado, 7 de xullo, celébrase no concello lucense de Muras a “Xornada sobre os servizos ecosistémicos da Serra do Xistral. Novas posibilidades de uso e conservación”.

Esta xornada, organizada polas universidades da Coruña e de Santiago e pola Deputación de Lugo, en colaboración, entre outros, co concello de Muras, analizará os múltiples aproveitamentos que pode ter esta serra, como a produción de mel, carne ou actividades de turismo, ao igual que outros espazos naturais de Galicia.

Celebrarase na Escola Unitaria do Viveiró e para inscribirse é preciso chamar ao 982 500 001 ou enviando un correo a lifexistral@udc.es

Programa:

11:00. Excursión pola Serra do Xistral. Os autobuses esperan no Campo da feira de O Viveiró.

14:00. Comida (por conta dos participantes; hai dous restaurantes en O Viveiró)

16:00. Inauguración. Argelio Fernández Queipo (Vicepresidente da Deputación de Lugo) e Manuel Requeijo Arnejo (Alcalde de Muras)

16:20. Presentación do Proxecto Life in Common Land. Jaime Fagúndez Díaz, Laura Lagos Abarzuza (Universidade da Coruña)

16:45. A produción de mel na Serra do Xistral: singularidade e potencialidade. Manuel Ferreira Rodríguez (Casa do Mel de Goente)

17:15. Oportunidades relacionadas coa produción de mel. O mel trashumante. Xesús Asorey Martínez (Asociación Galega de Apicultura)

17:45. Pausa para café.

18:15. O turismo da natureza: oportunidades relacionadas coa Rede Natura 2000. Alfonso Polvorinos Ovejero (elecoturista.com)

18:45. A carne de poldro galego de monte: un aproveitamento sostible. Santiago Crecente Campo (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, INGACAL).

19:15. Coloquio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información