Xornada sobre como xerar enerxía eléctrica na propia granxa ou industria agroalimentaria

AGACA organiza unha xornada sobre Enerxías Renovables en colaboración con Voltfer. Será o xoves 22 de novembro na sede de AGACA en Compostela

Publicidade
Xornada sobre como xerar enerxía eléctrica na propia granxa ou industria agroalimentaria

Granxa alemá con paneis solares

Data inicio: 22/11/2018
Data fin: 22/11/2018
Lugar: Asociación Gallega De Cooperativas Agroalimentarias, Rúa de Tomiño, Santiago de Compostela, España

O vindeiro xoves, 22 de novembro, celebrarase en Santiago de Compostela a xornada “Xera a túa propia enerxía: enerxías renovables no sector agroalimentario”, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) xunto con Voltfer, empresa especializada en solucións en enerxías renovables que forma parte do Grupo Alvariño.

A xornada é de carácter gratuíto e celebrarase na sede de AGACA, Rúa Tomiño 22, Entrechán. De 2,5 horas de duración está dirixida a calquera persoa que desexe aforrar no consumo de enerxía da súa explotación gandeira ou industria agroalimentaria.

Un panel de expertos integrado por profesionais de Voltfer, de EnergyLab, ISEMPA e Ecoforest tratarán sobre as instalacións fotovoltaicas para autoconsumo, de biogás en explotacións gandeiras, do emprego da biomasa para usos térmicos e das posibilidades da xeotermia e a aerotermia.

Ademais farase unha breve exposición dos proxectos e iniciativas acometidos por AGACA neste ámbito e rematará cunha mesa redonda onde se analizarán as tendencias e previsións de futuro das enerxías renovables nas cooperativas agroalimentarias de Galicia.

Quen queira acudir deberá inscribirse previamente chamando a AGACA ao 981 584 783.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información