Xornada sobre como achegar o viño á xente nova

Data inicio: 24/05/2019
Data fin: 24/05/2019
Lugar:
Warning: Illegal string offset 'address' in /home/campogal/public_html/wp-content/themes/newsplus-child/single.php on line 355

O vindeiro 24 de maio, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza unha xornada sobre “Estratexias para o achegamento do viño ao consumidor. A xeración “millennial”.

Desenvolverase no Auditorio A Xuventude (Rúa San Francisco, s/n, Cambados – Pontevedra) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Cambados, a Fundación Juana de Vega e o CRDO Rías Baixas.

Os mozos millennials son un dos principais obxectivos das estratexias de márketing do sector vitivinícola. Así, en mercados como o de Estados Unidos estas xeración xa consume o 40% do viño comercializado. Polo tanto, como achegarse a este sector resulta crucial para as adegas.

O prazo de inscrición rematará o día 23 de maio. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude.

Velaquí o programa:

PROGRAMA EVEGA MILLENIALS

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información