Xornada sobre asesoramento rural no contexto actual

Xornada sobre asesoramento rural no contexto actual
Data inicio: 15/11/2017
Data fin: 15/11/2017
Lugar: Escola Politécnica Superior - USC, Rúa Benigno Ledo, Lugo, España

O vindeiro 15 de novembro celebrarase no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo unha xornada técnica sobre “Asesoramento rural no contexto actual”.

A xornada, de carácter gratuíto, está organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo en colaboración co Campus Terra da USC e está dirixida a todas as persoas interesadas no sector agrario.

As persoas interesadas en participar poden facelo presencialmente na OAC de Lugo, por e- mail: [email protected], ou no fax 982 29 49 37 antes das 14:00 h do 14 de novembro. Descarga aquí a ficha de inscrición.

Está xornada conta co confinanciamento do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2017 da Consellería do Medio Rural.

Programa:

16:30 h. Inauguración. Representantes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e da USC

16:40 h. Revisión do extensionismo agrario en Galicia. José Ramón Pedreira Dono (OAC Lugo)

17:30 h. Propostas e necesidades para activar o asesoramento rural (mesa redonda)
– O asesoramento rural no contexto europeo. Enrique Arbones Maciñeira (USC)
– O asesoramento rural desde as entidades privadas. María Rey Campos (AGACA)
– As medidas públicas para activar o asesoramento rural. Representante da Consellería do Medio Rural

19:30 h. Análise da xornada por grupos. Elaboración de propostas

20:30 h. Peche das xornadas e lectura das conclusións

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información