Xornada sobre aproveitamentos forestais alternativos

Publicidade
Data inicio: 30/01/2016
Data fin: 31/01/2016
Lugar: Verís, Irixoa, A Coruña, España

A comunidade de montes veciñais O Raño, de Irixoa, organiza para o último fin de semana de xaneiro unha completa xornada na que se analizarán posibles aproveitamentos do monte complementarios e alternativos á produción madeireira. A actividade divídese en dous días, o sábado 30 adicado a charlas divulgativas a cargo de técnicos de empresas e asociacións do sector, e o domingo 31, no que se visitarán dous montes veciñais con experiencias innovadoras.

As ponencias previstas para o sábado abordan posibilidades como o silvopastoreo de porco celta, o aproveitamento micolóxico, a extracción de resina, a apicultura ou a gandaría extensiva de ovino e cabrún. O domingo 31 visitarase a comunidade de montes de San Andrés, en Caldas de Reis, que está a extraer resina do seu piñeiral, e a comunidade de montes de Carballo (Friol), que fai un aproveitamento multifuncional do monte (produción de madeira, cría de porco celta, apicultura e gando cabalar, entre outros usos).

Pode consultarse neste díptico o programa completo da xornada.

As charlas do sábado serán na escola de Verís (Irixoa, A Coruña) e o domingo sairá un autobús de Irixoa para visitar os dous montes veciñais. A inscripción para o sábado será de 15 euros, con xantar incluido; en tanto para o domingo é de 25 euros, tamén con xantar e desprazamento incluido.

As solicitudes de inscripción poden dirixirse ó correo electrónico mvmcmonterano@gmail.com. As xornadas están organizadas pola comunidade de montes do Raño e contan coa colaboración do Concello de Irixoa e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas – Terras do Mandeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información